sábado, 5 de decembro de 2015

"Espantallo amigo" - Neira Vilas

Lectura, literatura galega e teatro!

Que máis se pode pedir???

"O Espantallo Amigo" unha obra de Neira Vilas.

Todos os rapaces dende 2º a 6º limos o libro do Espantallo amigo. Non só a limos, se non, que o analizamos, o comentamos e reflexionamos. A historia é preciosa, chea de trasfondo e moreas de sentimentos.

O vocabulario é rico, o é porque data de 1971, onde a lingua galega usaba palabras que hoxe non empregamos. Pero todo é aprendizaxe, sacamos o significado por contexto e a nosa marabillosa intuición!

Ademais, sempre é boa sinal que a lingua evolucione, non si?

Tras a lectura e traballo de aula, chegou a actividade final. Ir a disfrutar da obra de teatro adaptada polo grupo teatral Os Quinquilláns. Uns profesionais!.

É impresionante como dous actores conseguen facer tantos personaxes e sen desaparecer do escenario. Unha chulada ver os cambios de vestimentas, de caracterización no mesmo intre.

Os nenos o disfrutaron moito, os profes tamén. E unha vez máis, APRENDIMOS.

Ese mesmo día, nesta maná do 27 de setembro, Neira Vilas falecía. Dende aquí, mandar o máis sentido pésame á familia e a cultura galega.

Para nós, sempre estarás vivo grazas ao legado das túas obras.





 





Rabit.




Ningún comentario:

Publicar un comentario